A Mancomunidade recupera a súa marca de identidade ‘Barbanza’

BARBANZA> A partir de agora a entidade supramunicipal pasará a denominarse Barbanza Arousa.

Co cambio de nome a Barbanza Arousa, a Mancomunidade pretende recuperar a súa esencia, xa que é este termo o que verdadeiramente identifica a esta comarca.

Ademais a Mancomunidade aproveitou o cambio de denominación para dar a coñecer precisamente o plan de estratexia turística do destino ‘Barbanza Arousa’. Segundo explicou a nova xerente da entidade, Fátima Cachafeiro, a proposta responde a dúas premisas fundamentais. Unha delas é a necesidade de ter que modificar a estratexia a consecuencia da Covid-19 para ser máis competitivos, e a outra, as persoas, polo que se creará tamén unha mesa participativa na que se integrará o propio sector.

A nova estratexia turística estará baseada en varias accións a realizar  de cara a promoción dos recursos arqueolóxicos, a oferta náutica e a  vinculación desta zona co Camiño de Santiago.

Na oferta cultural para os próximos meses figuran propostas coma a do Autocine, que comeza esta fin de semana, ou a de ‘Paisaxes sonoras’, con actuacións musicais en lugares emblemáticos da comarca. Tamén volverá a organizarse a Ruta ‘Máis que tapas’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí