Sanxenxo limitirá a entrada a Silgar para controlar mellor os accesos

SANXENXO> Sanxenxo limitará a entrada á praia de Silgar para poder controlar mellor os acceos. Dende o goberno local queren lembrar á xente a importancia de respectar as medidas de seguridade tanto nas rúas como nas praias. Para garantir o cumprimento das medidas, o concello intensificará os controis nos locais nocturnos.

A volta á normalidade en todo o país e as altas temperaturas favoreceron a unha gran afluencia de visitantes nas costas galegas. Unha cantidade tan ampla de veraneantes que superou as previsión, incluso, dun concello tan habituado ao turismo como o de Sanxenxo. De cara á próxima fin de semana, onde se prevé que o número de visitantes creza, o goberno limitará as entradas da praia de Silgar para poder ter un maior control dos accesos e no caso de que o espazo libre de cuadrículas complete o seu aforo, obrigará aos bañistas a situarse nas parcelas se desexan gozar do sol no areal.

As previsións do goberno local e dos hostaleiros é recuperar o turismo a partir da segunda semana de xullo.

A seguridade de Sanxenxo vese na cantidade de establecemento que conseguiron o selo de Q de calidade. Este ano son 11 novos e eleva a cifra a 47, converténdose no segundo municipio de España. Para o alcalde esta é a única maneira de seguir triunfando.

Nun momento tan delicado e no que é tan importante cumprir as medidas sanitarias, o concello incrementará os controis nos locais de ocio nocturno para velar por que se cumpran as normas.

Dende o concello fan un chamamento aos establecementos da vila, á veciñanza e aos visitantes a importancia de cumprir as normas. Advirten que se seguen facendo as cousas ben, poderá ser unha boa tempada de verán, polo contrario pódese retroceder e vivir situacións tan complicadas como o que está a acontecer na Mariña Lucense.