NOIA> Noia aproveitará o verán para poñerse en forma. O concello ofrecerá sesións gratuítas de GAP, pilates, zumba ou ximnasia. As actividades desenvolveranse ó aire libre en horario de mañá e tarde.
O próximo luns arranca a campaña ‘Noia Actívase’ que se desenvolverá en diversas rúas e prazas do concello ata o catro de setembro. cada día terá lugar unha actividade deportiva en horario de mañá e tarde.
Está aberto a tódolos públicos e non é preciso inscribirse previamente. No caso de mal tempo o concello designará un emprazamento alternativo para o desenvolvemento das sesións.