Noia súmase á campaña de recollida de produtos básicos para Ucraína

NOIA> A iniciativa parte do Concello en colaboración con Cáritas Parroquial.

O salón de plenos acollía esta mañá a presentación da campaña ‘Noia solidaria con Ucraína’, mediante a cal, o Concello, en colaboración con Cáritas Parroquial, van a realizar unha recollida de alimentos e material sanitario para enviar ós damnificados pola guerra.

O alcalde, Santiago Freire, fixo unha chamada á veciñanza para que participe nesta iniciativa e colabore con ela na medidadas súas posibilidades de cara a facer máis levadeira a situación de conflito que se vive nesa zona.

As persoas interesadas en facer as súas aportacións poden achegarse ata o propio local de Cáritas, no Malecón de Gasset, de luns a venres, de dez a unha polas mañás e de cinco a sete polas tardes; e nas fin de semana será só de mañá, de dez a unha.