Este luns arrancan as obras da fachada marítima de Porto do Son

PORTO DO SON> Este próximo luns arrancan as obras de remodelación da fachada marítima de Porto do Son. O groso da actuación, que se desenvolverá por fases, podería estar rematado xa ó o vindeiro verán.

Satisfacción no executivo sonense polo inicio o vindeiro luns das obras de remodelación da fachada marítima da localidade. Un ambicioso proxecto que conta cun orzamento de preto dos cinco millóns de euros e que será executado por Portos de Galicia. Estes días leváronse a cabo os estudos topográficos previos ó inicio dos traballos e o equipo de goberno ten previsto manter nos próximos días unha xuntanza co sector hostaleiro para explicarlle os detalles e fases do proxecto.

Nesta primeira fase as obras iniciaránse na zona do espigón para causar os menores prexuízos ó comercio e á hostalería local.

O traballos obrigarán tamén ó executivo a ter que trasladar a ubicación do mercadiño ambulante, que pasará á zona do paseo marítimo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí