A IV Andaina Solidaria de Jealsa logra recadar 5.567€

BOIRO> Este é o momento no que a directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Marga Hermo, e o alcalde, José Ramón Romero, facían entrega do cheque por valor de 5.567 euros ó presidente da Fundación Stop Leucemia, Álvaro Concheiro.

Esta foi a cantidade total recadada durante a proba, celebrada o pasado 29 de setembro, grazas ás inscricións e achegas realizadas polos participantes.

Dende a Fundación Stop Leucemia agradeceron de novo esta aportación que será destinada integramente á investigación da enfermidade.

Dende a organización quixeron agradecer tamén o traballo e esforzo de moitos voluntarios que o día da andaina traballaron arreo para que todo saíse baixo o previsto, así como ás distintas empresas locais que tamén se sumaron a esta iniciativa, hoxe xa un evento consolidado, que ano tras ano vai a máis.