Pontevedra busca o mellor almorzo da cidade

PONTEVEDRA> Hoxe botou a andar o PonteAlmorzo. Nesta primeira edición do concurso de almorzos participan case unha vintena de establecementos hostaleiros da cidade. Un bo número, tendo en conta que a iniciativa acaba de nacer.

Os clientes poderán votar polo seu almorzo favorito ata o vindeiro día 15. Para iso, nos locais que participan hai urnas nas que podemos ir votando pola proposta que máis conquiste o noso estómago. A iniciativa busca dinamiza-la hostalería da cidade, tamén na franxa da mañá, ao tempo que se fomentan os hábitos de vida saudables.

O PonteAlmorzo está organizado pola Concellería de Promoción Económica de Pontevedra xunto coa Asociación de Hostaleiros da cidade. Forma parte do proxecto Pontevedra Capital Gastro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí