O PP fala en Pontevedra de vivenda pública na campaña das europeas

PONTEVEDRA> A Conselleira de Vivenda participou hoxe en Pontevedra nun acto de campaña do Partido Popular de cara as eleccións europeas deste domingo. Os populares fixeron fincapé na vivenda pública e na aposta que fará a Xunta nesta nova lexislatura. María Martínez recordou que só en Valdecorvos, na capital pontevedresa, está prevista a construción de 500 vivendas de promoción pública.

O Partido Popular introduce a vivenda na campaña das eleccións europeas do vindeiro 9 de xuño.

A López sumouse neste acto no barrio pontevedrés de Valdecorvos a Conselleira de Vivenda. María Martínez apuntou que aquí a Xunta ten prevista a construción de máis de 500 vivenda; 74 delas xa en marcha.

Martínez tamén se referiu ás conversas que a Consellería está a manter co concello de Pontevedra para construír máis vivenda de promoción pública na cidade. Un diálogo que avanza de xeito satisfactorio.

A responsable de Vivenda da Xunta sinalou tamén que, ademais da promoción de vivenda pública, o seu departamento aposta por facilitar a promoción privada e por fomentar a rehabilitación e eficiencia enerxética dos inmobles.