AGAN presenta a súa oferta de cruceiros costeiros para 2020

BOIRO> O porto boirense de Escarabote acolleu este mediodía a presentación dos Cruceiros Costeiros que promove a Asociación Galega de Actividades Náuticas. Nesta edición ofertaranse viaxes de entre un e sete días de duración que permitirán coñecer os moitos tesouros que agochan as rías galegas.

Coincidindo coa chegada dos primeiros participantes, presentouse este mediodía no porto de Escarabote o programa de Cruceiros Costeiros pola Ría de Arousa para este 2020. Esta iniciativa, promovida pola Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) permitirá ós visitantes embarcarse en travesías de entre un e sete días de duración gozando dos moitos atractivos que ofrecen as rías galegas. A campaña permitirá dar un pulo ó turismo náutico en Galicia.

A aposta de AGAN por manter a oferta durante este ano excepcional no que a pandemia afectou severamente ó turismo é un exemplo da colaboración público-privada á hora de promover e comercializar estes recursos turísticos que pretenden converter a náutica nun sector estratéxico para Galicia.

Boiro, concretamente Escarabote, constitúe unha das paradas destes minicruceiros. Alí, os visitantes poderán coñecer máis sobre a cultura mariñeira da comarca a través da mostra etnográfica Mar de Boiro.

A oferta deste ano inclúe importantes novidades con rutas entre Vilagarcía e Viana do Castelo que mesmo ofertan a opción de seguie o camiñlo portugués por terra, a truta do Viño Albariño e VAlle-Inclán, rutas de 1 día de fenicios nas rías de Vigo e Pontevedra, a ruta do mexillón en Arousa e dos tesouros de Rande na Ría de Vigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí