Tranquilidade en Muros tras dar negativas as PCR realizadas ós campistas

MUROS> Tras confirmarse que non hai novos positivos, dende o concello de Muros mandan unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía.

A alcaldesa destacou a boa coordinación entre o concello e a xerencia do cámping así como a rápida e eficiente posta en marcha dos protocolos sanitarios para controlar o gromo.

Cómpre lembrar que Muros é un municipio moi turístico que,dende xuño, leva recibindo moitos visitantes. Dende o concello insisten na necesidade de manter as medidas de precaución para garantir un turismo seguro.