“Momentos Rías Baixas”, a nova campaña turística da Deputación de Pontevedra

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra lanzou hoxe “Momentos Rías Baixas”, a nova campaña turística do goberno provincial. Unha iniciativa adaptada á situación sanitaria e que se desenvolverá entre o 2021 e o 2022.

A Deputación de Pontevedra presentou hoxe a nova campaña de Turismo Rías Baixas. Un proxecto que se desenvolverá entre o 2021 e 2022 e que se adaptará á situación sanitaria. A iniciativa estará dividida en tres fases. A primeira, a que se puxo hoxe en marcha e que ten como lema “Momentos Rías Baixas”. Esta etapa estará presente ata que se levanten as restricións antiCovid.

Esta primeira fase contará coa colaboración de moitos rostros coñecidos, como os chefs Diego Guerrero e Yolanda León. Ademais, co obxectivo de seguir fomentando a provincia, a Deputación realizará numerosos sorteos a través das redes sociais.

A segunda fase desta campaña chamarase “É o teu Momento” e a intención da Deputación é presentar aquí o vídeo central na feira Fitur. Por último, a terceira fase levarase a cabo entre finais deste ano e principios de 2022. Aquí trataranse de poñer en valor as diferentes rutas do Camiño de Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí