O BNG reclama un fondo para cubrir os gastos dos comedores escolares e das actividades de conciliación

PONTEVEDRA> A portavoz nacional do BNG mantivo hoxe unha reunión cos representantes da FANPA de Pontevedra. Tras o encontro, Ana Pontón reclamoulle á Xunta un fondo para cubrir os gastos extraordinarios dos comedores escolares e criticou a improvisación coa que está a actuar a administración autonómica no regreso ás aulas.

Así cualificou esta mañá Ana Pontón a actitude que está a adoptar a Xunta de Galicia con respecto ao regreso ás aulas. O fixo tras manter unha reunión cos representantes da Federación de ANPAS de Pontevedra. A portavoz nacional do BNG esixiu á administración autonómica que asuma as súas competencias e responsabilidades e que deixe de faltar o respecto ás familias galegas.

En canto aos comedores escolares, o BNG reclamou hoxe un fondo para cubrir os gastos extraordinarios deste servizo, así como tamén das actividades de conciliación por mor da Covid-19.

Co obxectivo de poñer unha solución aos problemas que rodean á volta as aulas, Ana Pontón tamén anunciou hoxe que os Concellos liderados polo BNG asumirán os custes da limpeza extraordinaria.

Actualmente, tanto os comedores como as actividades extraescolares están nun limbo e, a menos dunha semana de que comecen as clases, as familias aínda descoñecen se poderán contar ou non con estes servizos.