Escasa distancia e longas ringleiras nas primeiras horas da convocatoria para a vacinación masiva en Pontevedra

PONTEVEDRA> As primeiras horas da segunda campaña de vacinación masiva deixan en Pontevedra imaxes caóticas e aglomeracións.

Ás portas do Recinto Feiras da Cidade fóronse formando ao longo desta tarde longas ringleiras que facían difícil cumprir coa distancia de seguridade.

O retraso que se foi acumulando á hora de subministra-las doses, ocasionou tamén o malestar de moitos dos convocados.

Pola contra, no pavillón vilagarcián de Fexdega e no Hospital de Barbanza esta xornada transcorreu sen incidencias: con total fluidez e sen ningún tipo de aglomeración.

O dispositivo está en marcha e permitirá vacinar a máis de 28.000 persoas nas áreas sanitarias de Pontevedra e O Salnés e Santiago e O Barbanza. Esta tarde comezaron a administrarse as primeiras doses aos nados entre 1956 e 1961. Reciben a vacina de AstraZeneca.

A campaña vai continuar mañá. Vai permitir vacinar a máis de 28.000 persoas nas áreas sanitarias de Pontevedra e O Salnés e Santiago e O Barbanza nadas entre 1956 e 1961.