A renaturalización do Gafos no treito da Tablada arrancará en decembro

PONTEVEDRA> Pontevedra segue avanzando na recuperación do río dos Gafos. As obras para a renaturalización do treito que discorre entre A Tablada e Rosalía de Castro estarán en marcha no mes de decembro. O único proxecto que se presentou á oferta contempla a creación de zonas de pradeira e bancais, que permitirán acceder ata a auga. Tamén se contempla a constrcuión dunha nova pasarela, que permita recupera-la visión e acceso ao río.

Se todo vai segundo o previsto, o proxecto de renaturalización do río dos Gafos, no treito entre A Tablada e Rosalía de Castro, estará en marcha no mes de decembro. A reforma suporá un revulsivo medioambiental e urbanístico para a zona.

A actuación centrarase no único treito do Gafos que, nestes momentos, non ten paseo nin tan sequera é accesible.

Cun prazo de execución de, como moito, catro meses, a actuación ten un orzamento que rolda os 600.000 euros. Tan só unha empresa, Covsa, presentou a súa oferta ao proxecto. A proposta contempla a creación de zonas de pradeira e bancais que permitirán acceder ao río.

Ademais, o proxecto inclúe a construción dunha nova pasarela, en substitución da actual ponte de formigón.

Ademais da supresión da actual pasarela de formigón, o proxecto busca tamén a eliminación de colectores en superficie e a súa renovación como elementos soterrados que non interfiran visualmente dentro da paisaxe de ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí