Un libro recolle a historia do fútbol en Muros Noia de finais da década dos sesenta

NOIA> Sete afeccionados da comarca de Muros Noia recompilaron nunha publicación a historia do fútbol nos concellos de Noia, Muros, Outes e Carnota a finais dos sesenta. Este libro será presentado o venres no Coliseo Noela a partir das oito e media.

A historia do fútbol na ría de Muros Noia a finais da década dos sesenta foi recollida nunha publicación grazas a un grupo de afeccionados que recompilaron algúns dos eventos máis destacados entre o 68 e o 71.

Tras un ano de traballo o libro verá a luz este venres cando se presentará oficialmente no Coliseo Noela.

Aínda que o libro xira en torno ó fútbol, a narración incorpora tamén eventos históricos destacados da época. Precisamente nesta década confórmase o xerme dunha gran afección futboleira que perdura aínda na comarca con numerosos clubs de fútbol e escolas deportivas.

O obxectivo desta publicación é dar a coñecer as dificultades que supoñía practicar fútbol hai medio século para que as novas xeracións entendan e valoren o presente.

Comments are closed.