Xunta e Concello de Sanxenxo, coa vista posta na creación do bulevar de Portonovo

SANXENXO> A xunta de Galicia asfalta e repón o firme da PO-308 entre Sanxenxo e Portonovo.  Coa intervención reformarase a estrada entre o campo de fútbol de Baltar e a estación de autobuses cun investimento de preto de 250 mil euros. A administración autonómica e o concello poñen a vista xa no vindeiro proxecto a desenvolver, o bulevar de Portonovo.

Unha das vías máis transitadas de Sanxenxo é a P0-308. Por elo, ao longo destes anos, a administración autonómica desenvolve diferentes proxectos para mellorala. Na actualidade, dende a Xunta comezaron unha intervención para mellorar o firme entre a vila de Sanxenxo e a de Portonovo.

Este tramo da vía atopábase moi deteriorado o que facía necesaria esta intervención para mellorar a seguridade viaria.

A visita da delegada territorial a Sanxenxo tamén serviu para que ambas administracións continuasen os contactos para levar a cabo o proxecto do bulevar de Portonovo.

O bulevar de Portonovo atópase aínda na etapa de anteproxecto. Dende o concello están valorando todos os cambios que suporía a intervención. En canto ao asfaltado da P0 308, a previsión é que estea rematada a vindeira semana.

A xunta de Galicia comezou as obra de mellora da PO–308 entre a vila de Sanxenxo e a de Portonovo. Con esta intervención a administración autonómica reformará unha das vías máis transitadas do concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí