Augas de Galicia revoga a autorización de vertidos da mina de San Finx

LOUSAME> Augas de Galicia vén de revogar a autorización de vertedura de augas residuais da mina de San Finx. A nova foi moi ben recibida na comarca, especialmente entre o sector pesqueiro e as organizacións ecoloxistas, que denunciaban a alta concentración de metais pesados nas augas.

Satisfacción entre o sector pesqueiro, os colectivos ecoloxistas e o tecido social da comarca de Muros-Noia trala revogación da autorización de verteduras da mina de San Finx. A decisión de Augas de Galicia prodúcese un ano despois de que se autorizara o vertido no que os afectados non deixaron de denunciar as irregularidades no cumprimento dos condicionantes que establecía o permiso evidenciando a alta concentración de metais pesados presentes nas augas.

O asunto chegou mesmo ós tribunais posto que a autorización fora recorrida por Ecoloxistas en Acción e as confrarías de Noia e Portosín. Tras esta resolución que evitará o vertido de máis de mil millóns d elitros de augas residuais ó ano, a plataforma Plademar Muros Noia seguirá a promver accións para acabar de xeito definitivo coas verteduras da mina.

A solución pasa polo selado e taponado das galerías de desaugue e a reinundación das labores mineiras en condicións de seguridade.  Emprenderán tamén accións legais para lograr a retirada dos residuos mineiros acumulados nas balsas construídas sobre o leito do río que se atopan en moi mal estado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí