O BNG reclama melloras da seguridade viaria en diversos tramos das estradas do municipio

OUTES> A proposta dos nacionalistas pide ademais a creación de sendeiros peonís.

Tres son principalmente os puntos nos que os nacionalistas focalizan as súas queixas. O primeiro deles sitúase na saída da Serra. Os nacionalistas solicitan a ampliación da beirarrúa que remata na Avenida do Rocío ata o final da rúa da Margarida, cumprindo así unha vella demanda da veciñanza desta zona que denuncia a perigosidade desta vía pola que os coches pasan a gran velocidade. A seguinte das solicitudes, tamén nesta mesma estrada, a AC-550, sitúase na zona de Espiñeiro e Ribas de Mar, onde o firme presenta numerosas deficiencias,. Por último, outro dos puntos conflitivos é a AC-196, na zona de Ceilán, ata chegar ó paseo da Ponte Nafonso.

Os nacionalistas levarán tamén esta reclamación o Parlamento a través do seu grupo parlamentario, para que a Xunta, titular de boa parte destes vías, resolva estes problemas de seguridade viaria que se dan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí