Pasos de peóns elevados, velocidade 30 e beirarrúas máis anchas na estrada vella de Marín ao seu paso por Estribela

PONTEVEDRA> En marcha a tramitación da primeira fase das obras da estrada vella de Marín ao seu paso por Estribela. O proxecto someterase durante o vindeiro mes a información pública e a intención da Xunta de Galicia é que as obras poidan arrancar no verán do 2022. Os traballos terán un prazo de execución dun ano e buscan mellorar a circulación e a seguridade viaria na zona.

En marcha a mellora integral da estrada PO-546. A actuación na coñecida como estrada vella de Marín comezará por Estribela, nun treito de 500 metros.

Con este obxectivo, neste treito instalaranse pasos de peóns elevados e limitarase a velocidade a 30 quilómetros por hora. Tamén se construirán beirarrúas cun ancho mínimo de 2 metros.

O proxecto está dende hoxe sometido a información pública. Conta cun orzamento de 830 mil euros, aos que hai que sumar 31.600 euros que se destinarán á expropiación de 12 leiras.

Os interesados terán ata o 3 de novembro para presentar as súas alegacións ao proxecto. A intención da Xunta é que se poida licitar no primeiro trimestre de 2022 e que as obras comecen no verán. En canto á reforma prevista para o resto da estrada, que incluiría a habilitación dun carril bici, podería abordarse no 2024.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí