VILAGARCIA> Os disfraces de Spiderman e de súper heroes son os máis vendidos neste entroido. Os máis pequenos pola súa banda demandaron vestimentas de pokemons como é o caso de Pikachu. Dende as tendas de disfraces sinalan que nos últimos anos a xente esta cambiando a súa maneira de mercar e que volven a preferir a tenda física que a compra online.
Durante as festas do entroido, as tendas de disfraces viven a súa campaña máis importante do ano. Os establecementos poden chegar a aumentar as súas vendas nun 50%. Son moitos os disfraces e complementos que ofertan pero entre todos o que máis triunfou foi a vestimenta de Spiderma.
Os establecementos sinalan que a xente cada vez máis prefire comprar os disfraces na tenda física que de forma online.
Xustamente o poder probar o disfrace e ver a súa calidade é unha das vantaxes de comprar no comercio no local.
Os complementos tamén son unha peza importante para os disfraces. A súa venda continúa sendo alta aínda co entroido xa avanzado.
A pesar da gran demanda do entroido, a venda de disfraces continúa durante todo o ano. En establecementos como Party Fiesta dispoñen ademais de todo tipo de produtos para converter calquera evento nunha gran festa.