Pontevedra presenta un plan para dinamizar o mercado e a súa contorna

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra aposta por revitalizar o mercado de abastos e a súa contorna. Hoxe a concelleira responsable da área presentou o bautizado como ‘Plan Mercado’. Unha iniciativa con tres eixos de actuación para converter esta parte da cidade na zona cero do comercio local.

O concello de Pontevedra pon a mirada no mercado de abastos. O goberno local aposta por revitalizar a praza e a súa contorna.

Gulías presentou esta mañá o ‘Plan Mercado’. Unha iniciativa dividida en tres eixos de actuación. Un deles pasa por revitalizar o ‘gastroespazo’. Na actualidade a gran maioría dos postos de hostalería están pechados.

Mellorar o subministro eléctrico dos postos e poñer en marcha unha potente estratexia de comunicación, fomentando as visitas de escolares e asociación, son outras das actuacións previstas.

Para a contorna do mercado, o goberno local ten previsto reformular o mercado de antigüidades sacando os postos a licitación e buscando a participación das destas de antigüidades da cidade. Outra actuación é o traslado da feira ambulante á avenida de Bos Aires.

Recuperar o mercado de novos creadores, instalando dúas casetas permanentes como escaparate para artistas da cidade, é a terceira liña de traballo neste ‘Plan Mercado’.