Boiro intensifica os controis para conter a suba dos contaxios

BOIRO> Ante a preocupante evolución dos contaxios, o concello de Boiro continúa a intensificar a vixilancia con operativos conxuntos da Policía Local, Garda Civil e Policía Autonómica. Tamén se reforzaron os labores de desinfección en todo o municipio, especialmente nas zonas e instalacións máis concorridas.

A pesar de que o número de positivos continúa á alza, o alcalde destacou que cada xornada que pasa o aumento é menos significativo. Semella que o cumprimento das máximas restricións impostas por Sanidade están a dar os seus froitos polo que agarda que pronto comece a dobregarse a curva.

Xosé Ramón Romero destacou a gran respobsabilidade da cidadanía e do sector hostaleiro e agarda que continúen así durante o Nadal minimizando os contactos e reunións familiares.

Está previsto que mañá, tanto o alcalde de Boiro como os rexedores dos outros concellos galegos co máximo nivel de restricións, manteñan unha xuntanza con Sanidade para avaliar a situación.