Máis dun cento de embarcacións participarán na VII Bandeira de Bateis de Ribeira

RIBEIRA> Máis de 500 remeiros daranse cita este domingo en Ribeira para participar na VII Bandeira de Bateis do concello. A proba forma parte da Liga Galega de Bateis.

Un cento de embarcacións participarán este domingo na sétima edición da Bandeira de Bateis do concello de Ribeira. Sairán a partir das 11 da maña no campo de regatas habilitado entre o porto exterior e Insua.

Dende o concello animan á veciñanza a achegarse ata a proba para coñecer o gran potencial dos remeiros ribeirenses.

A proba enmárcase na Liga Galega de Bateis. Os organizadores agardan que se poida celebrar sen incidencias posto que as previsións meteorolóxicas non son moi optimistas. Na pasada edición, o campo de regatas tivo que trasladarse ata a praia de Coroso por mor do vento.