20 alumnos de Noia, Outes e Lousame finalizan a súa formación en xestión forestal e silvícola

NOIA> Este luns tiña lugar o acto de clausura do obradoiro de emprego dual compartido polos concellos de Noia-Outes-Lousame. Na experiencia, que se prolongou ó longo do último ano, participaron un total de 20 alumnos que obtiveron certificación formativo-laboral nas especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

Despois de un ano de formación teórico-práctica, os alumnos do obradoiro de emprego compartido por Noia, Lousame e Outes, poñían o punto e final a súa experiencia formativa. Facíano co tradicional acto de clausura e entrega de diplomas. O acto, que se desenvolveu no salón de plenos da casa consistorial noiesa,  estivo presidido polo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. Na súa intervención destacou a importancia deste programa que permite mellorar a empregabilidade.

Valoración positiva tamén a transmitida dende os tres concellos participantes nesta experiencia. Ademais da formación que reciben os alumnos-traballadores, a proposta permítiu a realización de innumerables actuacións de interese xeral e social.

No obradoiro de emprego tomaron parte un total de  20 persoas que recibiron formación durante un ano nas especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Catro dos alumnos xa conseguiron incorporarse o mercado laboral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí