Pontón alerta do modelo ‘especulativo e depredador’ para a enerxía eólica do Partido Popular

PONTEVEDRA> O BNG alerta do modelo especulativo e depredador que se quere implantar en Galicia. A voceira nacional da formación, Ana Pontón, estivo hoxe en Pontevedra para manter un encontro cos colectivos, asociacións e plataformas que se están a ver afectadas por esta aposta. Pontón defendeu que o desenvolmento eólico ten cabida en Galicia, pero dun xeito sostible.

Para o Bloque Nacionalistas Galego a enerxía eólica ten cabida en Galicia. Pero non do xeito no que se está a desenvolver e que, aseguran, defende o Partido Popular.

Hoxe a voceira nacional da formación estivo en Pontevedra. Aquí mantivo un encontro coas asociacións, plataformas e colectivos que se están a ver afectados por este desenvolvemento eólico. Ante eles, Ana Pontón defendeu o modelo do BNG.

Para Pontón é fundamental facer unha planificación do territorio e que os proxectos estean vencellados a iniciativas de tipo industrial. Tamén que a enerxía se utillice para o desenvolvemento económico, achegando participación pública nos proxectos.

A voceira nacionalista animou tamén á cidadanía a participar na mobilización convocada en Santiago co gallo do Día do Medio Ambiente. Será o domingo 5 de xuño e está convocada polas entidades unidas na Coordinadora Eólica Así Non.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí