A Semana Santa deixa un sabor agridoce en Sanxenxo ao non acadar os datos de ocupación agardados

SANXENXO> A Semana Santa deixa bos datos en Sanxenxo, pero non tanto como se agardaba. A ocupación media roldou o 73%, un chisco menos do que agardaban os empresarios turísticos do municipio. As consecuencias económicas derivadas da guerra de Irán poden estar detrás destes datos, segundo entenden dente o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

A Semana Santa deixa un sabor un tanto agridoce en Sanxenxo. Os datos turísticos son bos, cunha ocupación media que roldou o 73%. Pero no Consorcio de Empresarios Turíticos de Sanxenxo agardaban máis.

O tempo acompañou con sol e calor durante todas as vacacións. Cal foi entón o motivo para que este ano non viñese tanta xente como se agardaba?

E destacan tamén que a campaña salvouse en parte grazas a moitas das reservas chegaron a última hora, grazas ás boas previsións meteorolóxicas

Dende o sector tamén reflexionan sobre a capacidade turística do municipio porque, lembran, non é mesmo falar dun 73% de ocupación aquí -coa gran oferta que hai- que noutros lugares. Destacan tamén que no municipio 7 de cada 10 establecementos hoteleiros estaban abertos.

E logo da Semana Santa, no sector ten marcada xa dúas datas destacasa: a ponte do primeiro de maio e a Media Maratón Sanxenxo-O Grove do día 17.

O ano pasado esta proba contou con máis de 2.200 corredores inscritos.