A plataforma dixital do transporte a demanda de Pontevedra estará lista en 2022

PONTEVEDRA> Novo paso no transporte a demanda de Pontevedra. O Concello firmou hoxe o contrato para a execución da plataforma dixital. Unha ferramenta coa que se controlará o servizo de transporte e que estará lista nun ano.

Ponse en marcha o deseño da plataforma dixital do transporte a demanda de Pontevedra. Unha ferramenta que será executada polo Grupo Alvariño, matriz de Demesix, e polas empresas Sicom e Zitycard.

Nesta plataforma coordinaranse todos servizos de mobilidade a demanda, centrándose na veciñanza da zona periurbana e rural. Os usuarios poderán facer as súas reservas a través da web, da aplicación ou por teléfono.

Pero esta non é a única información que atoparán os pontevedreses nesta plataforma.

A plataforma foi adxudicada a esta UTE por un importe de 266.000 euros. O prazo de execución é de 12 meses, polo que a ferramenta estará lista en 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí