O comité limita en toda Galicia as reunións entre non conviventes e prohíbeas na madrugada

GALICIA> O comité clínico tamén decidiu aplicar outras en toda Galicia. Así, quedan limitadas as reunións entre persoas non conviventes, cun máximo de seis persoas no interior e dez no exterior e sen que se superen os dous grupos de convivencia. Ademais, quedan prohibidos estes encontros de madrugada: entre a 1 e as 6 no caso dos concellos en nivel máximo e alto e no resto de Galicia entre as 3 e as 6 da madrugada. Estas medidas están pendentes de conseguir a autorización do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, necesaria para entrar en vigor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí