Raíña Vitoria será un ‘skate-plaza’ dentro dun mes con pezas de granito móbiles

PONTEVEDRA> Xa hai data para o inicio das obras do agardado skatepark que Pontevedra instalará na avenida Raíña Vitoria. Segundo anunciou hoxe o concelleiro de Obras, os traballos comezarán este mesmo xoves. O equipamento conta cun orzmento de 80.000 euros, ocupará un espazo de 735 metros cadrados na rúa, os seus elementos serán de granito e o conxunto será desmontable. A previsión é que poida inaugurarse nun mes.

A avenida Raíña Vitoria en Pontevedra estreará moi pronto un novo uso. Este xoves comezarán as obras para instalar o prometido skatepark neste espazo.

A instalación ocupará o espazo entre o paso de peóns do instituto Sánchez Cantón e o do aparcadoiro soterrado da Alameda. Serán 735 metros cadrados de superficie. Tamén se reformará o cruce entre Raíña Vitoria e Palamios.

O skatepark estará composto por doce pezas de granito, que se están a fabricar xa nunha canteira da lama. Serán movibles e, como xa anunciara o concello, desmontables, cunha altura media de 50 centímetros.

O proxecto conta cun orzamento de 80.000 euros e a intención é que estea rematado no prazo dun mes. Así as cousas, Gómez advertiu de que o avance das obras estará moi condicionado pola meteoroloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí