Augas de Galicia condiciona a autorización da mina de San Finx ó cumprimento de 18 requisitos

LOUSAME> Augas de Galicia emitiu a proposta de autorización de vertido da mina de San Finx ó río Pesqueiras, en Lousame. Establece unha serie de condicionantes baseados no cumprimento estrito das normas de calidade ambiental.

A Xunta, a través de augas de Galicia, vén de emitir a proposta de autorización de vertido ó río Pesqueiras das augas procedentes da mina de San Finx, en Lousame. O documento condiciona a autorización ó cumprimento de 18 requisitos así como das normas de calidade ambiental. A Xunta está a tramitar a autorización mediante o escrupuloso seguimento da normativa para garantir o cumprimento dos parámetros da calidade das augas.

Así, impón entre os requisitos máis destacados a limitación ós caudais de vertido nas fases de baleirado e de explotación. En canto á frecuencia mínima do control díxase que será semanal na fase de baleirado e mensual na de explotación. ademais deses 18 condicionantes, Augas de Galicia tamén establece o prazo de execución das obras dos sistemas de tratamento e evacuación das augas residuais industrias xeradas nas instalacións nun prazo máximo de catro meses.

Unha vez notificada, a empresa responsable da explotación mineira, Tungsten San Finx S.L,. dispón dun prazo de dez días para presentar alegacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí