Rianxo súmase á campaña en defensa da sanidade cunha recollida de sinaturas

RIANXO> Rianxo sumouse á xornada de mobilización en favor da sanidade pública. O Cuartel Vello acolleu ó longo da mañá unha mesa de recollida de sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento.

Foron moitas as persoas que ó longo da mañá pasaron pola casa da cultura do Cuartel Vello Rianxeiro para aportar o seu gran de area na loita por unha sanidade pública de calidade. A plataforma en defensa da sanidade pública instalou unha mesa de recollida de sinaturas para levar ó Parlamento unha ILP que busca a dotación de máis profesionais que permitan proporcionar un servizo axeitado.

No caso de Rianxo, demandan a incorporación de máis facultativos ó centro de saúde, especialmente na quenda de tarde, e que se cubran as baixas.

Con esta mesa, Rianxo súmase á xornada de mobilización en favor da sanidade convocada pola plataforma en defensa da sanidade pública en toda Galicia con mobilizacións e outros actos reivindicativos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí