A asociación ÁGAPE organiza en Ribeira o seu I Mercado Solidario

RIBEIRA> A asociación Ágape organiza este sábado en Ribeira o seu mercado solidario. Instalarase no Malecón en horario de mañá e ofrecerá produtos artesanais do máis variado, perfectos para agasallar nesta Pascua.

A Asociación Galega para o Acompañamento Persoal e Educativo –  Ágape sacará este sábado a súa tenda solidaria á rúa cun mercado na avenida do Malecón. Varios expositores instalaranse no cruce coa rúa peonil e ofrecerán artigos do máis variado, dende artesanía e complementos ata xoguetes ou adornos de xardín.

Dende o concello de Ribeira, que colabora na organización da iniciativa, animan á cidadanía a facer gala da súa solidariedade aportando o seu gran de area a esta entidade que traballa en favor dos máis vulnerables.

Colaboran tamén na organización deste primeira mercado solidario a academia Liberty e Abraham Benítez.