Boiro adquire un novo punto limpo móbil

BOIRO> Esta mañá o alcalde, José Ramón Romero, e a edil de Medio Ambiente, Olga González, visitaban o lugar de Vilariño, onde vén de instalarse o novo punto limpo móbil.

Con este son xa tres os puntos móbiles dos que dispón o Concello, que están a rotar por tódolos núcleos de poboación das distintas parroquias.

Con el o executivo local pretende favorecer a reciclaxe.

A adquisición deste novo punto limpo móbil foi posible grazas a unha subvención da consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo, no marco do Plan NextGeneration.