PORTAS> A Xunta e o concello de Portas aproban o primeiro Plan xeral de ordenación municipal da vila. A sinatura supón a posta en marcha dun proxecto que comezou hai doce anos. Esta ordenación permitirá a concreción urbanística do municipio así como o seu desenvolvemento sostible, equilibrado e responsable.
Despois de 12 anos de traballos, o concello de Portas consegue a aprobación do seu primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal. A Conselleira de Medio Ambiente e o actual alcalde firmaron esta mañá o acordo definitivo de unha orde histórica para Portas.
Este plan xeral permitirá á vila crecer mediante un desenvolvemento sostible, equilibrado e responsable.
O concello de Portas ten un territorio de 22 quilómetros cadrados. O Pxom confirma que o 84% do municipio é chan rústico e un 15% núcleo rural. Un municipio no que conviven elementos tradicionais coa dinamización económica.
O Pxom de Portas xirará entorno á recuperación e potenciación da zona da estación. A conselleira destacou que a vila aposte pola recuperación e a vivenda nova acompañados de espazos verdes e zonas para a instalación de empresas.
Na firma da aprobación tamén estiveron presentes a directora xeral de territorio e urbanismo, o delegado da xunta en Pontevedra, os dous anteriores alcaldes que traballaron neste proxecto e os membros da corporación municipal.