PONTEVEDRA> O remate do curso escolar non suporá a reapertura ao tráfico da avenida Raíña Vitoria. En setembro do ano pasado o concello de Pontevedra pechaba a rúa ao paso dos coches para, explicaron, gañar máis espazo para o alumnado do instituto Sánchez Cantón. Deste xeito poderían garantir as distancias de seguridade esixidas pola pandemia. Agora, co final de curso preto e a mellora da situación sanitaria, o executivo aposta por manter a medida e avanzar na instalación dun skatepark na avenida.
Inicio Pontevedra