Diego de Giráldez presenta unha nova exposición no Mosteiro de Poio con símbolos ao camiño

POIO> O artista Diego de Giráldez volve expoñer parte da súa obra no Mosteiro de Poio. O creador presenta unha mostra composta por 17 pinturas e 3 esculturas. As pezas principais están dedicadas ao Camiño de Santiago.

O artista Diego de Giráldez regresa ao Mosteiro de Poio. O creador presenta unha nova exposición composta por 17 pinturas e 3 esculturas. Con esta mostra, o artista leva 37 anos expoñendo as súas creacións no Mosteiro poiense.

A peza fundamental da exposición é o símbolo ao camiño. O artista mostra a súa satisfacción por poder presentar as súas creacións no Mosteiro de Poio.

Dende o concello destacaron a importancia da exposición para poñer en valor o concello e axudar a promocionar o Mosteiro de Poio.

A exposición de Diego de Giráldez estará dispoñible no mosteiro durante todo o verán. O espazo conta con todas as medidas sanitarias para garantir a seguridade dos visitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí