17 artistas expoñen as súas obras na casa consistorial de Ribeira

RIBEIRA> Os ribeirenses terán oportunidade de gozar da arte de 17 pintores da comarca que dende hoxe expoñen no concello de Ribeira. A mostra, coordinada pola galería O Faiado, permanecerá na casa consistorial ata o 1 de setembro.

A exposición ‘Artistas no concello’ abriu as súas portas. Esta mostra colectiva están composta de preto de 40 pinturas realizadas por 17 artistas da comarca, o que lle confire gran variedade en canto a temas e estilos.

Destacados autores como Novais, Pío Costa, Maralla, Antonio Pérez, Santarelli ou Esther Rincón, participan nesta mostra coordinada pola Galería de Arte O Faiado.

As pezas desta mostra permanecerán pendurada nas paredes da casa consistorial ata o 1 de setembro. Poderá visitarse en horario de oito a dúas aínda que con posibilidade de reservar visitas guiadas pola tarde.