A Mancomunidade do Sanés crea unha oficina para controlar as verteduras das empresas na Edar de Ribadumia

CAMBADOS> A mancomunidade do Salnés presenta a oficina de calidade da auga e xestión de verteduras. O obxectivo é controlar as empresas que realizan verteduras na Edar de Ribadumia e asegurar o cumprimento da normativa vixente. Para cumprir con estes obxectivos,  mancomunidade investiu máis de 4 mil euros en equipamentos.

A mancomunidade do Salnés puxo en marcha a Oficina de calidade da Auga e Xestión de verteduras. Un servicio, demandando por Augas de Galicia, que ten como obxectivo controlar as verteduras que as empresas de Ribadumia, Vilanova e Cambados realizan na Edar de Ribadumia. A oficina controlará as súas emisións.

En concreto son 84 as empresas rexistradas nesta zona. A Oficina xa se puxo en contacto con elas para coñecer a súa situación e orientalas no cumprimento das normas.

Os vertidos que non cumpren coa normativa supoñen un custo importante para a Edar de Ribadumia. Con esta oficina non só se coidará o medio ambiente, se non que tamén se aforrarán custos. A mancomunidade investiu 4 mil euros en dotar ao servicio de material de investigación e análise.

A oficina polo de agora só axudará ás empresas para que cumpran coas normativas. En caso de que algunha factoría continúe incumprindo as normas, a oficina proporá a súa sanción no concello ao que pertenza. Xa que son os gobernos municipais os que teñen a potestade sancionadora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí