Conclúe con éxito o proxecto de turismo inclusivo ‘Mar de Amicos’

RIBEIRA> Conclúe con éxito o programa ‘Mar de AMICOS’ para a potenciación do turismo inclusivo a través da formación de persoas con discapacidade para exercer como guías. O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, o concello de Ribeira e diversas empresas da contorna.

A lonxa de Ribeira acolleu a pasada tarde a presentación de resultados do proxecto Mar de Amicos. Trátase dunha iniciativa impulsada pola entidade barbanzá para potenciar o turismo inclusivo e facilitar o acceso das persoas con discapacidade ó mercado laboral a través da formación como auxiliares de guías turísticas.

Esta primeira contratación dá conta do éxito deste programa no que colabora FUNDAMAR, entidade enfocada na promoción do turismo sostible.

Ademais das entidades promotoras a posta en marcha deste proxecto foi posible a unha ampla rede de aliados entre os que destaca a propia lonxa de Ribeira, o concello e a Xunta de Galicia a través da Rede Eusumo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí