O PSdeG pon en valor a xestión do goberno no proxecto de construción da Edar de Poio e Sanxenxo

POIO> O PSdeG desprázase a Poio para poñer en valor a xestión do goberno de España no saneamento da ría de Pontevedra trala adxudicación das obras da depuradora de Paxariñas. Dende a formación defenden que esta EDAR permitirá eliminar a contaminación da Ría e cumprir con todos os parámetros medio ambientas. O PSdeG carga contra a Xunta pola súa falta de implicación no proxecto.

A Ría de Pontevedra sufriu durante moito tempo problemas de contaminación pola falta dunha depuradora na zona norte. Unha Edar que dende Poio e Sanxenxo estiveron reclamando durante moitos anos. Esa depuradora está camiño de converterse nunha realidade tralo proxecto posto en marcha polo ministerio de transición ecolóxica e que a semana pasada foi adxudicado. Os socialistas, en vistas as vindeiras eleccións, achegáronse a Poio para defender a xestión do goberno de España.

A obra terá un custo de 28 millóns de euros e dende Poio destacan que é un proxecto fundamental.

Dende o PSdeG critican á Xunta por non involucrarse no proxecto.

O PSdeG defende que apostar polo saneamento da Ría e favorecer á economía da zona. Xa que as augas limpas permiten traballar a mariscadores e mariñeiros así como favorecer o turismo, o que permite aumentar a riqueza da contorna.