O BNG súmase ao Agadper en contra do novo regulamento da Xunta para a pesca recreativa

VILAGARCÍA> A Asociación Galega para a Defensa das Pescas Recreativas e o BNG únense contra a nova normativa de Portos. Ambas entidades consideran que as medidas illan aos pobos dos portos e que só servirán para multar. Piden á presidenta da entidade portuaria que rectifique e tome medidas tendo en conta ás asociacións e federacións.

O BNG súmase as queixas da Asociación Galega para a Defensa das Pescas Recreativas en contra da nova normativa de Portos de Galicia. As novas medidas limitan as zonas de pesca e os accesos a esas zonas. Unha situación que ambas entidades consideran que só servirá para illar aos portos dos pobos.

Segundo indican, a maioría da xente que practica a pesca recreativa nos portos son persoas xubiladas, paradas ou mozos. Por iso, cualifican estas normas de discriminatorias.

O Agadper presentará un recurso ante a nova normativa, mentres que o BNG presentará unha moción no parlamento. Piden á presidenta de Portos de Galicia que rectifique e que faga un regulamento tendo en conta as opinións do sector.

Estas normas entrarán en vigor en 122 portos de carácter autonómico. Dende o agadper sinalaron que a nova normativa afectará a centos de persoas en toda a comarca do Salnés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí