A Xunta desbloquea por fin a Variante de Alba

PONTEVEDRA> A Xunta desbloquea por fin a variante de Alba. A Consellería de Infraestrutura dará o visto bo a este proxecto, que leva reivincidanco o concello de Pontevedra dende hai vinte anos. Para iso, o goberno galego só pon como condición que o Ministerio de Transportes confirme a súa autorización para unir a nova vía coa estrada de Santiago a través dunha glorieta. O proxecto, paralizado polo goberno galego no 2019,  retomarase agora co trazado proposto pola Xunta e o deseño do Concello.

Este é o resumo que facía a nova Conselleira de Infraestruturas á saída súa primeira reunión co alcalde de Pontevedra. Esa xuntanza deixa anuncios importantes para a cidade. O primeiro: o goberno galego desbloquea por fin o proxecto da variante de Alba, que paralizara no 2019.

O proxecto retómase co trazado proposto pola Xunta e o deseño que propoñía o concello, con dous carrís en vez catro, e espazo para os peóns e os ciclistas. A conselleira de Infraestruturas só pon como condición que o concello xestione unha autorización do Ministerio de Transportes para unir esa vía coa estrada de Santiago a través dunha glorieta. Lores indicoulle que xa contan contan con el ‘de palabra’ e que o conseguirán tamén por escrito.

E preguntada sobre se neste cambio de criterio da Xunta influíu a carta asinada por oito colectivos veciñais do municipio demandanto esta infraestrutura…

Pero este encontro ‘frutífero’ entre a conselleira e o alcalde deixa tamén outros anuncios. Martínez e Lores acordaron que os proxectos de vivenda de interese autonómico se sitúen, como moito, a un quilómetro e medio da Peregrina.

Ademais, a conselleira comprometeuse a estudar posibles alternativas para o traslado do parque de maquinaria que a Xunta aínda mantén na Xunqueira de Alba, de onde xa desapareceu o parque de maquinaria provincial. Entre as opcións, estúdase levalo tamén para o polígono de Barro, onde xa está operando o da Deputación.