O executivo boirense incrementará as medidas de vixilancia no polígono

BOIRO> Responde así á preocupación existente entre o empresariado local a raíz da última vaga de roubos que afectou a varias empresas asentadas no parque empresarial de Espiñeira.

Na xuntanza mantida con representantes da asociación de empresarios do parque empresarial analizouse a problemática actual dos roubos que nas últimas semanas afectaron a varias empresas asentadas no polígono. Dende o Concello trasladáronlle a súa intención de seguir mellorando o sistema de videovixilancia como tamén a iluminación exterior do recinto.

O alcalde referiuse tamén a que xa deu orde á Policía Local para que incremente a vixilancia no polígono, especialmente polas noites.

Outra das eivas detectadas foi a necesidade de acometer un peche perimetral do parque empresarial, xa que na actualidade carece del. Un problema que, segundo o rexedor, xa lle trasladou ó propio conselleiro de Industria durante a última visita realizada ó polígono.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí