A Policía Local investiga danos a vehículos na rúa Mendiño

RIBEIRA> A longa ponte desta pasada fin de semana deixou tamén diversos incidentes en Ribeira. Un deles tiña lugar na rúa Mendiño, na que uns mozos, causaron danos a uns dez vehículos estacionados no lugar.

Ó parecer os feitos aconteceron na madrugada do martes, festividade do Pilar. Unha chamada anónima á Policía Local alertou ós axentes, que cando se achegaron á zona xa se atoparon cos estragos nos vehículos.

Segundo informaron fontes policiais abriuse unha investigación ó respecto, co fin de aclarar o acontecido, e dar cos posibles autores dos feitos.

Por desgraza non é a primeira vez que se producen este tipo de incidentes na localidade. Hai xa semanas, varios vehículos tamén sufriron importantes danos cando estaban estacionados na zona de Bandaorrío.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí