PORTO DO SON> O delegado territorial da Xunta na Coruña visitou esta mañá os colexios de Porto do Son e Portosín, onde se veñen de poñer en marcha os servizos de comedor. Dende a Xunta deron así resposta ás demandas das AMPAS que solicitaran o acondicionamento de espazos para acoller este servizo tan necesario para a conciliación.
Unha trintena de nenos acoden dende hai quince días ó comedor do CEIP Santa Irene, en Porto do Son. A Consellería de Educación investiu 70 mil euros no acondicionamento deste espazo para poder prestar este servizo xestionado pola ANPA do centro.
A dotación do comedor non é o único investimento realizado no centro para este curso. A Consellería de Educación investiu máis de 250 mil euros na substitución da cuberta.
Durante a súa visita, o delegado territorial desprazouse tamén ata o colexio de Coira en Portosín que estreou tamén este curso servizo de comedor.