A remodelación da fachada marítima de Porto do Son afronta xa o seu tramo final

PORTO DO SON> O executivo sonense confía en que a actuación, que a se invisten máis de catro millóns de euros, poida estar rematada antes do remate do presente ano.

Acompañamos o alcalde, Luís Oujo, durante unha visita ás obras da fachada marítima para comprobar a marcha da actuación que permitirá a remodelación integral do bordo portuario da vila.

Despois de máis dunha ano de traballos, o rexedor confía en que a actuación, na que a Xunta inviste máis de catro millóns de euros, poida estar rematada antes de finais de ano.

Segundo o alcalde, a obra, que abarca unha superficie total de 26.000 metros cadrados ó longo de toda a fachada marítima da localidade, permitirá favorecer a integración do porto ca vila, converténdoa nunha zona máis atractiva para veciños e visitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí