RIBEIRA> A calidade turística é o principal sinal de identidade da Mancomunidade Barbanza Arousa que onte entregou os distintivos SICTED a medo cento de empresas. A Gala do Turismo, celebrada no auditorio de Ribeira, serviu para recoñecer a aposta pola excelencia de varios axentes turísticos que operan na comarca.
Un total de 49 empresas do Barbanza recibiron o distintivo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino que concede o Ministerio de Industria. A entrega deste recoñecemento tivo lugar nunha gala organizada pola Mancomunidade Barbanza Arousa, entidade encargada de impulsar a obtención deste selo calidade entre os axentes turísticos da bisbarra. Entre os galardoados, 33 empresas renovaban o distintivo mentres que 16 o obtiñan por primeira vez, en recoñecemento a súa aposta por ofrecer a máxima calidade ó visitantes.
Ademais das autoridades locais e comarcais, asistiron á gala representantes doutras administracións. O delegado do goberno en Galicia, o director xeral de Turismo da Xunta e o vicepresidente da Deputación da Coruña quixeron apoiar coa súa presenza o esforzo das pequenas empresas do Barbanza por un turismo moderno, accesible e respectuoso co medio ambiente.
A gala, conducida polo rianxeiro Duarte Galbán , rematou cunha degustación eno-gastronómica con viños da bodega Entre os Ríos e a cociña de Miguel Mosteiro.











