O RianClown inicia os festexos de Nadal en Rianxo

RIANXO> Éxito de público da primeira edición do Rianclown de Nadal celebrado este sábado en Rianxo. Nenos e maiores non quixeron perder o espectáculo organizado pola asociación Virxe do Carme para dar o pistoletazo de saída ás festas navideñas.

Circo, humor e música foron os principais ingredientes do Festiclown que tivo lugar esta fin de semana en Rianxo. Os numerosos asistentes que se congregaron na praza Castelao puideron desfrutar dos espectaculares números da artista Patty Diphussa, o acedo humor de Peter Punk e o concerto do grupo de rock ‘Los Buggys’.  Un cóctel de entretemento que fixo as delicias dos máis pequenos.

O festival serviu tamén para proceder ó acendido do alumeado de Nadal; un Nadal que se presenta moi animado en vista da gran acollida que tivo este aperitivo das actividades navideñas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí