O alcalde de Ribeira confía en retomar canto antes as obras do centro social de Carreira

RIBEIRA> O alcalde de Ribeira saíu ó paso das críticas do BNG con respecto ó retraso nas obras do centro social de Carreira. Manuel Ruíz explicou que os traballos estarán finalizados nun prazo de tres meses, unha vez resolto o problema con respecto á instalación do equipo de climatización.

Hai máis de nove anos que se iniciaban as obras do centro social de Carreira. Dende aquela, unha serie de causas alleas á vontade do concello foron provocando o retraso na execución do proxecto que a día de hoxe continúa sen rematar.

Concluída a nova licitación, volveu xurdir un problema con respecto á instalación do equipo de climatización posto que non respondía ás características sa instalación, segundo a dirección de obra. Un novo atranco que supuxo a suspensión temporal dos traballos pero que, segundo o alcalde, xa foi solucionado polo que as obras se retomarán con normalidade e estarán rematadas en tres meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí