O BNG de Noia pide a restitución da fachada do IES Virxe do Mar ó seu estado orixinal cun revocado en branco

NOIA> O BNG levará ó pleno deste mes unha moción instando á modificación do proxecto da reforma do IES Virxe do Mar. Piden que se recupere o revocado orixinal do inmoble en branco para realzar os elementos de pedra, tal e como foi concibido polo seu arquitecto.

A reforma do IES Virxe do Mar Noia que está a executar a Xunta de Galicia contempla o saneamento e renovación da fachada. Dende o BNG consideran que é a ocasión perfecta para restituír á aparencia orixinal deste histórico inmoble que no momento da súa construción, hai máis de 130 anos, presentaba un revocado branco.

Entenden os nacionalistas que ademais de volver ó seu estado orixinal, esta modificación suporía o cumprimento das obrigas que teñen que asumir tódolos propietarios de inmobles no casco histórico.

Os nacionalistas piden que primen os criterios técnicos por riba do debate que poida orixinar tal e como aconteceu coa recuperación do Museo do Pobo Galego  en Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí